Sin categoría

Primeiras palabras aladas

que caen nestas redes.

Comezo este blog coa intención de crear un espazo no que compartir os resultados do meu traballo de tradución.

No marco da Bolsa de Colaboración do Ministerio de Educación do Goberno de España que me foi concedida neste curso 2014-2015 darei parte dos avances do meu proxecto aprobado polo Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela.

Desta páxina farei outras páxinas que serán o resultado de moitas emborralladas con tinta. Nela incluirei progresivamente a miña propia tradución ao galego dos recentemente descubertos versos da poeta grega Safo, os coñecidos como o poema dos irmáns.

Ademais pretendo que este sexa un espazo no que compartir tamén outras traducións ao galego de poetas arcaicos gregos.

Este blog nace dun proxecto que non pretende ser persoal, senón que tratará de contar coa colaboración de todas aquelas persoas que teñan algo que dicir e que compartir coas demais.

Achego a continuación o proxecto de colaboración:

Anuncios
Estándar

4 thoughts on “Primeiras palabras aladas

  1. Queridísima Lúa:

    Parabéns pola boa, boísima idea que tiveches, e pola posibilidade de levala a cabo. Estou segura de que entre estas verbas haberá importantes acontecementos.

    Grazas por compartir con todos nós o que sen dúbida será un camiño cheo de descubrimentos e desa maxia que de seguro desprendeu aquela á que chamas musa de Lesbos.

    Unha aperta moi forte, e moitísima sorte,

    T.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s