Escavacións, Lírica grega, P.Köln., P.Oxy., Sin categoría

O porqué.

Dez anos e corenta e dous números de ZPE despois, a frase “novos poemas de Safo” ten un significado diferente. Non soamente porque os de 2004 xa non sexan tan novos, senón porque foron desbancados nesa categoría por outro papiro.

Teño a esperanza de non chegar tarde coa miña intención de aclarar (na introdución que publicarei proximamente) baixo que circunstancias saíron á luz estes poemas e que consecuencias ten a súa aparición.

Gustaríame tamén dar a coñecer as razóns que me levaron a nomear así este espazo. Elixir un título resultaba complicado; como concentrar en dúas ou tres palabras todo o que me gustaría dicir? Mais de súpeto xurdiron dúas ideas que parecían casar. Por unha banda, o trinta de xaneiro deste mesmo ano o profesor e escritor  publicaba no Huffington Post baixo o título de “Sappho sings again”. Penso que o autor conseguiu expresar a emoción ao imaxinar que Safo cantaba outra vez, como pode que fixera un día. Por outra, a idea de pregarlle a Safo que cantara de novo, xustamente como lle pediran a Sam que tocara outra vez aquela canción, pareceume divertido.

Anuncios
Estándar

One thought on “O porqué.

  1. Pingback: Volverá? | cantaoutravez

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s