Eloxios a Safo, Lírica grega, Sin categoría

A décima Musa

Safo.

(Do gr. Σαπφώ)

  1. poeta grega que viviu entre a segunda metade do século VII e a primeira metade do século VIa.C en Lesbos.
  2. poeta grega educadora doutras mulleres nun grupo que ocupaba o seu tempo no canto, a danza e o banquete (ou pode que non).
  3. poeta grega sacerdotisa de Afrodita dentro dun grupo exclusivamente feminino (outra teoría).
  4. tiña tres irmáns, nai de Cleis (ou non), muller de Cércilas (ou tampouco), inventora do plectro (tamén, posiblemente).

~ de Mitilene, de Éreso

Safo no Museo Nacional de Poznan, Polonia

O que pretendo mostrar con esta falsa entrada de dicionario é o pouco que podemos asegurar sobre a figura de Safo do mesmo xeito que sucedería ao intentar atopar unha biografía única dos demais poetas arcaicos gregos (como Alcmán, Tirteo, Alceo ou Anacreonte). Se algo é certo é que foi unha poeta orixinaria da illa grega de Lesbos e tamén o tempo no que viviu. O demais son conxecturas que poden ser máis ou menos acertadas e que axudaron a que Safo volvese nacer unha e outra vez da man da súa fama cunha nova faciana. Esta fama comeza xa cando formaba parte do canon empregado nas escolas na Antigüidade e chega ata a controversia no século XX, ao redor do tipo de relacións que mantiñan as mulleres que se reunían coa poeta.

O amor entre as mulleres do círculo sáfico ou o amor da de Lesbos cara as súas pupilas (μαθήτριαι) debemos contextualizalo na sociedade grega daquel momento na que se entendería como unha conexión de tipo pedagóxico. Aínda así debemos ter en conta que a homosexualidade feminina non tiña a mesma aceptación que a masculina e que hai poucas testemuñas que documenten este tipo de relacións.

Impotentes ante as inmensas perdas que sufriu a súa obra, só nos queda admirar os fragmentos que si conservamos e a influencia que estes exerceron na historia da poesía occidental e, máis concretamente, na historia da poesía erótica.


Safo, Cantos e fragmentos, tradución de Raúl Gómez Pato, Santiago de Compostela: Ed. Positivas, 2008.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s