Achados papiráceos, Escavacións, Sin categoría

Facendo o mal mentres se coñece o ben.

Na Antigüidade falsificar un traballo literario non constituía un crime, senón que ata era considerado un logro no mundo de fala grega. Trataríase dunha demostración das capacidades da persoa que variaba o orixinal.

Un rápido repaso á historia textual permite que nos fagamos unha idea da complexidade de que un texto do século VII a.C se conserve hoxe en día como entón quixeron que soara e que diga exactamente o que naqueles tempos quixeron que dixera.

Desde o manuscrito, despois da copia oficial, xa nos séculos IV e IIIa.C (debemos ter en conta xa o longo período de tempo transcorrido entre a data de produción e esta seguinte) a biblioteca de Alexandría aloxou copias de numerosos textos. Posteriormente, un cambio no material empregado para deixar constancia das obras literarias, como foi o do papiro ao pergameo, constituíu un obstáculo máis na cadea de posibles erros agochados entre liñas e liñas. Ademais, a transcrición das usuais maiúsculas ás minúsculas que hoxe empregamos tamén presentou outra ocasión para que eses erros pillabáns xogaran cos copistas entre os versos. E non foi ata o século XV cando a imprenta fixo a súa aparición e evitou longas horas de copia esperando non facer ningún erro. Mais, aínda hoxe empregando os nosos teclados cometemos erros e o máis seguro é que vexades máis de un neste mesmo blog sen ir máis lonxe.

A esta carreira de obstáculos debemos sumar os pequenos cambios intencionados e ata frases arroupadas polo texto orixinal que foron introducidas coa intención de aclarar, de reconstruír, de modificar… Como exemplo, a tradución de Erasmo de Rotterdam dos seis derradeiros versos do Apocalipsis no Novo Testamento nos que, segundo defenden moitos estudos (outros apoian a hipótese de que para traducir estes versos se baseara noutros manuscritos en grego), acudiu ao latín para reconstruír o texto grego posto que estes faltaban no manuscrito que estaba a empregar. Dificilmente podería Erasmo ter conxecturado exactamente o que dicía o texto orixinal, aínda que o seu traballo resulta asombroso ao achegarse ao texto da Vulgata ata practicamente no número de palabras.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s