Sin categoría

(II) Facendo o mal mentres se coñece o ben.

Levando a un extremo esta vontade de modificación dun orixinal chegariamos a una falsificación total dunha obra ou, no caso que nos ocupa, dun poema. Non quero dicir con isto que sexa da opinión de que os novos poemas atopados son falsos (e polo tanto creados), mais para introducir á discusión que ten lugar sobre eles penso que é necesario coñecer os argumentos empregados polas persoas que si apoian esta idea.

Baixo a hipótese de que os novos poemas de Safo, que van ser obxecto de traballo neste proxecto e plasmados neste blog, non son dela, esta sería unha burla moi elaborada e intelixente.

Os catro argumentos que empregan aquelas persoas que consideran falsos estes poemas ou que polo menos dubidan da súa autenticidade son os seguintes;

É un texto curto, polo que, dentro da complexidade que suporía crear un texto en grego (máis concretamente en dialecto lésbico) imitando a Safo, non sería tan complicado como un con máis estrofas.

O esquema métrico é o propio da poeta de Lesbos. Este argumento penso que pode funcionar en dúas direccións; é obvio que ao crear da nada un poema presuntamente de Safo o máis esperado é empregar a estrofa sáfica, mais tamén é certo que se fose orixinal non sería un risco innovador o uso deste tipo de estrofa.

A información sobre o contexto que rodeaba a Safo (sobre os seus irmáns) era coñecida por un texto de Heródoto. Se ben é certo que o historiador podía ser a fonte para a persoa que quixera falsificar un poema de Safo, pode ser igualmente a testemuña que verifica que o que se conta é certo e orixinal da poeta.

Por último, non se ofreceron datos de onde nin cando apareceu o papiro. Aínda a día de hoxe non sabemos nada disto despois de numerosas peticións a favor de revelar o lugar onde se atopou, a data e as condicións baixo as que se ofreceu e concedeu ao profesor Dirk Obbink para o seu estudo. Debemos ter en conta que as escavacións pararon e os papiros gardáronse en coleccións privadas. Quen tiña este papiro se é orixinal? Por que non se dan datos sobre o achado ?

Neste blog, nun principio creado para discusións de tipo lingüístico sobre os novos versos de Safo, podedes ver numerosas preguntas do tipo das que eu acabo de enunciar que dan unha idea da inseguridade coa que se está a abordar este tema por parte da comunidade científica.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s