Anthologia Graeca, Eloxios a Safo

Safo na Anthologia Graeca.

Titulaba unhas das entradas anteriores “A décima musa” referíndome a  Safo co tópico tantas veces empregado e que aparece tamén nun epigrama da Anthologia Graeca atribuído a Platón.

Ἐννέα τὰς Μούσας φασίν τινες• ὡς ὀλιγώρως•
ἠνίδε καὶ Σαπφὼ Λεσβόθεν ἡ δεκάτη.

(Anthologia Graeca 9.506)

A tradución destes versos sería;

Algúns din que son nove as Musas, que descoido!
Aí tes tamén a Safo de Lesbos, a décima!

Como sinala a profesora Elbia Haydée Difabio a Anthologia Graeca ou Antoloxía Palatina contén tres poemas de Safo e numerosos epigramas (de autoría anónima algúns deles e coñecida noutros casos) que recordan a poeta de Lesbos.

Esta obra conserva epigramas, como digo, (aínda que de xeito minoritario tamén aparecen outras formas poéticas) dun período de tempo amplísimo (quince séculos) e de temática tamén moi variada.

O epigrama anterior condensa en dous versos a importancia da poeta e a neglixencia (ὀλιγώρως) que supón non apreciala tanto como o fai este autor. Esta énfase conséguese coa utilización dos dous numerais  (Ἐννέα e δεκάτη) un ao principio do v.1 e o outro ao final do v.2. Ademais exprésase a pouca confianza no que poden dicir algúns (φασίν τινες) opoñendo isto ás exclamacións que seguen.

Incluír a Safo entre as Musas significaría non só que estivo inspirada por elas, senón que chegou a estar moi preto das fillas de Zeus e Mnemosine grazas á súa forza imaxinativa. Pode que o autor pretenda transmitir a idea de que, como as Musas fixeran tantas veces, a poesía de Safo impulsou moitos versos posteriores a ela co seu poder creador posto que, como iremos vendo nesta páxina, moitos foron os poemas inspirados nela.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s