Achados papiráceos, Escavacións, P.Köln.

Entre Oxirrinco e Colonia.

En 1922 publicábase un papiro do século IIId.C atopado na cidade exipcia de Oxirrinco que contiña versos de Safo, mais unha parte destes era imposible de reconstruír e poucos indicios claros había para asegurar, como acertadamente se fixo nalgún estudo, que se trataba de varios poemas distintos.

Pensábase entón que xa a sorte, ben leda, sorrira en Oxirrinco por última vez e declaraban B.P. Grenfell e A.S. Hunt, os cales publicaron a colección de papiros na que se atopaba o da poeta:

“Non é moi probable que atopemos outro poema de Safo…”

Eles traducían así ao inglés os primeiros versos:

‘Sweet Nereids, grant to me | That home unscathed my brother may return, | And every end, for which his soul shall yearn, | Accomplished see!’

Que en galego serían;

“Doces Nereidas, concedédeme | que ao fogar volva indemne meu irmán, | e que todo termo que a súa alma degore, | vexa cumprido”.

Mais o improbable aconteceu: un novo papiro conservado en Colonia (P.Köln.) foi o que permitiu recoñecer definitivamente que eses versos antes practicamente perdidos foran escritos por Safo. Ese novo texto foi publicado por M. Gronewald e R. W. Daniel  no ano 2004 na revista alemá que xa citamos neste espazo ZPE (Zeitschrift für Papyrologie und Epigraphik). O papiro parece o  máis antigo coñecido do traballo de Safo, posto que a súa copia dátase no século IIIa.C, é dicir, “soamente” 300 anos despois de que a propia poeta o compuxera. Son tres os poemas que se conservaban fragmentariamente neste papiro e o segundo destes completaba aquel tamén parcial publicado no 1922 do que falabamos antes.

O resultado de combinar estes dous fragmentos conservados é un poema de doce versos composto por seis estrofas de dous versos cada unha no que aínda faltaban algunhas palabras que foron reconstruídas por M.L.West baseándose na estrutura oracional, en aspectos métricos e noutras composicións da poeta.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s