Achados papiráceos, Escavacións, P.Oxy.

Recordos de Oxirrinco.

As imaxes permiten que nos fagamos unha idea máis completa do contexto no que apareceron eses papiros e do que os rodeou nos seus primeiros anos unha vez descubertos. Temos a sorte de contar con abundante documentación sobre as escavacións e un completo repaso desta preséntase na exhibición na rede do Ashmolean Museum de Oxford.

A cidade de Oxirrinco tomou o seu nome do seu animal sagrado ao que se rendía culto localmente e etimoloxicamente significa ‘nariz afilada’.

Peixe

Está situada onde marca a frecha vermella do seguinte mapa e desde o período islámico a cidade denomínase el-Bahnasa ou Behnesa;Exipto

A principios do século XX tiña este aspecto;

Mound view

E este é un mapa da zona da mesma época;

Draft plan of Oxyrhinchus c.1900

Na seguinte fotografía aparecen Hunt á esquerda e Grenfell á dereita fóra da súa tenda de campaña en Fayum. Esta parece ser a cidade da que provén o P.Köln. (que antes da súa publicación, oitenta anos despois de que se tomara esta fotografía, pertencía a un tratante de antigüidades) posto que, como sinalou Dirk Obbink, é o único lugar no que se reciclou papiro para arte funerario. En Oxirrinco pola contra tiñan unha casa de adobe;

Na tenda

Penso que resulta asombroso como destas imaxes nas que podemos ver como buscaban restos chegaron á primeira edición (que tamén comparto a continuación) mediante un rápido proceso (a publicación facíase un ano despois dos achados) no que os papiros volvían a vivir comezando esa nova etapa en latas de metal numeradas.

Achados

ExcabaciónsPrimera edición

These images are part of the online exhibit Oxyrhynchus: A City and its Texts. Images and caption texts are © the Imaging Papyri Project, University of Oxford.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s