Achados papiráceos, P.Köln.

O poema de Titono que por agora é das rapazas.

Ao longo destas semanas, unha parte das actualizacións deste espazo xirará ao redor do poema da ancianidade de Safo sobre o cal falaba nas últimas entradas.

ὔμμες πεδὰ Μοίσαν ἰοκόλπων κάλα δῶρα, παῖδες,
σπουδάσδετε καὶ τὰν φιλάοιδον λιγύραν χελύνναν

Empregarei para a tradución o texto editado por M.L.West en 2005.

Vos, os fermosos agasallos das Musas de seos de violetas, rapazas,
desexade e a melodiosa lira amante da canción;

πεδά é a preposición eólica empregada co significado de μετά.

ἰóκολπος é un composto de ἲον, ‘violeta’, e κόλπος, ‘seo’ e ‘regazo’ pero tamén ‘prego dun vestido’. Mais parece que a tradución máis axeitada é ‘de seo adornado de violetas’.

σπουδάζω ten aquí o significado de ‘desexar’ posto que se refire a eses dons que non teñen e que á vez deben buscar e apreciar. Na tradución inglesa de West veredes que aparece “be zealous”, pero penso que está relacionado con esta interpretación xa que este termo inglés tamén significa algo así como ‘entregarse a algo con paixón ou entusiasmo’.

φιλαοιδός significa ‘que lle agradan os cantos|cancións|poetas’ e o inglés permite a tradución literal de ‘song-loving’ empregada por Dirk Obbink que recolle os dous primeiros.

χελύνη é a variante eólica de χελώνη que deriva da palabra χέλυς a cal significa ‘tartaruga’. Se é traducida como ‘lira’ é porque primitivamente era feita coa cuncha dunha tartaruga.

A tradución ao inglés de West é a seguinte;

[You for] the fragrant-blossomed Muses’ lovely gifts
[be zelous,] girls, [and the] clear melodious lyre:

E a de Dirk Obbink;

Pursue the violet-laden Muses’ handsome gifts,
my children, and the loud-voiced lyre so dear to song:

A máxima deste poema que estamos a ler é, como sinalou Lardinois, a imposibilidade de manterse nova, mais cun ton consolador. Nestes versos en concreto Safo anima ás rapazas facendo referencia ás Musas. Emprega ese vocativo παῖδες para contrapor as mozas (suponse que eran o seu auditorio), que aínda poden disfrutar da música e a canción, con ela mesma, que, como veremos máis adiante, xa andada, pouco pode bailar.

Parece que podemos afirmar con seguridade que estes versos mostran (como fan outros moitos da poeta) que, aínda que hai quen acolle certas dúbidas sobre o carácter autobiográfico da poesía de Safo, se atopaba rodeada de mulleres máis novas ás que trataba como discípulas. Este círculo foi denominado Mädchenpensionat por Wilamowitz e tratábase, parece, dunha escola para rapazas de familias con recursos na que aprendían música e canto e tamén o que se esperaba delas nesa sociedade (principalmente o seu papel no matrimonio). O rol da poesía nesta educación era primordial tanto nas celebracións cultuais como para forxar unha identidade propia.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s