Lírica grega

Anacreonte avellentaba como Safo.

É pouco probable que Alcmán coñecese a Safo ou a súa obra e esta poeta a do espartano. Máis ben, as similitudes e paralelismos que atopamos nos seus versos puideron vir dadas simplemente por tratar un tema convencional e relatar dun xeito común unha situación semellante: a da vellez.

Pola contra, si que é máis verosímil que Anacreonte coñecese a obra da poeta de Lesbos.

Este autor viviu c.568-478a.C en Teos, na actual Turquía. Recollo a continuación dous dos seus poemas que nos levan de novo ao tema da ancianidade.

No primeiro (PMG, 13, 1-8) Anacreonte emprega a referencia aos seus cabelos xa brancos para xustificar a falta de interese dunha moza máis nova (que ademais é de Lesbos) nel que está namorado.

De novo unha bola de púrpura
lánzame Eros de cabelo de ouro
e para que xogue cunha rapaza de sandalias de cores
chámame;
mais ela, que é da ben construída
Lesbos, o meu cabelo
branco critica,
e pola contra ante algunha outra está perplexa.

Mentres que neste outro (PMG, 50, 1-12), confesa o seu medo á morte despois dunha descrición da repercusión do paso do tempo nos nosos corpos, moi similar á que estamos a ver en Safo.

Teño canas xa
as tempas e a cabeza branca,
da graciosa xuventude xa nada,
vellos están os meus dentes,
e da doce vida
non moito tempo me queda;
por isto ando chorando
con temor ao Tártaro;
pois é terrible
a profundidade do Hades, e penosa a baixada cara esta;
pois está fixado
para o que descende non volver cara arriba.

Anuncios
Estándar

3 thoughts on “Anacreonte avellentaba como Safo.

  1. Pingback: Decadencia e ruínas (II) | cantaoutravez

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s