Eloxios a Safo, Lírica grega

A Safo de idade máis avanzada (II)

Penso que non estou a descubrir nada novo cando afirmo que a interpretación de poemas de Safo, así como doutros poetas da Antigüidade, resulta sumamente complexa. E non só é difícil, senón que ademais o máis seguro é que teñamos que abandonar a esperanza de chegar a certezas e a concluír sen dúbidas que a que sostemos é a interpretación orixinaria ou a que a poeta quería que a súa composición tivera.

Debemos ter en conta que enfrontarse a un texto poético vai demandar a maioría das veces unha abstracción pola nosa parte do que se deixa ver cara o que se quixo expresar. E aínda ao chegar a este chanzo da escada teremos que tratar de dilucidar se o evocado foi sentido realmente pola persoa que o transmite ou por outra.

Dito isto, a escaleira parece moito máis longa se tratamos de subila para chegar ao suxeito que sinte nos poemas líricos gregos posto que a distancia e tamén maior entre eles e nos. A identificación do suxeito lírico e da poeta parece que se acepta á vista de moitas obras e ata da lectura que lle dou aos seus poemas neste mesmo blog. Mais outras testemuñas parecen desmentir o que nos versos de Safo se interpreta como pertencente á súa propia vida.

Isto está ligado ás innumerables variacións que contería unha biografía da poeta que tratara de incluír todo o dito sobre ela, como facía a modo de resumo nunha das primeiras entradas.

Comentaba o outro día que resulta moi atractivo atribuír a Safo as sensacións que se describen como froito dos efectos da vellez no seu corpo. E así fan moitos estudos que non dubidan en afirmar que se trata dun poema no que, como o de Anacreonte por exemplo, se relatan as sensacións da propia poeta.

A repetición do convencional tema do avellentamento na obra sáfica xunto coas referencias da autora á súa inmortalidade por medio da súa obra poden indicar que Safo tiña tan presente o momento da súa morte como para deixar pegada del. Isto, baixo o meu punto de vista non leva a pensar nunha morte de nova, repentina, senón nun avellentamento paulatino que avisa e dá tempo para reflexionar sobre o “deixar de ser”.

Mais a escatoloxía sáfica ofrece ideas para encher moitas máis liñas e polo tanto será tratada máis adiante. O que me interesaría salientar por último é como as diferentes interpretacións da obra da poeta levaron a elaboracións de diferentes biografías, como dicía, e de xeito inverso segundo pasa o tempo, como estas biografías poden levar á descrición da súa poesía como autobiográfica ou non.

Nunha das biografías de Safo relátase que esta se suicidou tirándose ao mar nun cantil en Leucates polo amor non correspondido de Faón de Mitilene (ao que lle foran outorgados encantos irresistibles por Afrodita). Esta historia proporcionaba unha base inmellorable para comedias que trataban a vida de Safo e un suicidio parecía máis atractivo para levar a escena que unha morte natural sendo xa vella.

Por outra banda, Filóstrato preséntanos na súa obra Imagines (Philostr. Maj. Im. pos=2.1) a unha Safo maior e pode que como defende West se baseara nos seus poemas para describir esta situación.

Ἀφροδίτην ἐλεφαντίνην ἐν ἁπαλοῖς μυρρινῶσιν ᾄδουσιν ἁπαλαὶ κόραι. διδάσκαλος αὐτὰς ἄγει σοφὴ καὶ οὐδὲ ἔξωρος, ἐφιζάνει γάρ τις ὥρα καὶ ῥυτίδι πρώτῃ ῾παρὰ τοὖ γήρως μὲν τὸ ὑπόσεμνον ἕλκουσα, τούτῳ δ᾽ αὖ κεραννῦσα τὸ σωζόμενον τῆς ἀκμῆς

A unha Afrodita de marfil cantan en delicados mirtos unhas delicadas rapazas. A mestra que as guía é hábil e para nada pasou a súa xuventude, pois descansa certa beldade sobre a súa primeira engurra que aínda que arrastra con ela o venerable da ancianidade, á vez con isto mestura o que mantén do seu vigor

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s