Eloxios a Safo, Poemas galegos

De Grecia a Galicia.

(…)istruídas i as que reciben a luz coma craros soles brilan; frores
dos xardís das letras de lozana galanía, alcendidos caraveles,
branquísemas margaridas, rosas de doce fraganza, violetas escondidas,
qu ‘ eushalastes o prefume dos dioses, a poesía: querovos poñer
a todas nun ramiño axuntadiñas; quero os agros recorrer dendes
de Grecia a Galicia, e lembrar se ser poidera dende Safo
a Rosalía… mais non, rinuncio a lembrarvos, lindas frores
pelegrinas; pois que todos vos conecen e non sodes esquencidas;
cando xa nos tempos d ‘ onte tales astros parecían, i eso qu ‘ ó
pazo das cencias entraban por regandixas , porqu ‘ as portas lles
pechaban os que lles tiñan cobiza, e non tuvo altura a cencia(…)

Así escribía Filomena Dato Muruais na súa obra Follatos (páx.17), a única da autora escrita en galego e publicada no ano 1891 en Ourense. Neste libro repasa figuras de mulleres ao longo da historia e en diversos eidos defendendo a necesidade de dar valor ás súas aptitudes. E nesta recompilación non podía faltar Safo, empregada como polo distante no espazo e no tempo a unha autora moito máis cercana a ela como era Rosalía de Castro. A grosa é miña para salientar esa idea de estender un fío entre Grecia e Galicia que comparte este blog. “E non sodes esquencidas” parece que lle podería gustar a Safo polo que lemos nos seus poemas sobre o seu afán de ser inmmortal polo medio destes precisamente.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s