Lírica grega, P.Köln., P.Oxy.

O imposible de non envellecer.

Os seguintes son os vv.7-8 do poema da ancianidade que estou a traducir, tamén coñecido como o poema de Titono;

τά μὲν στεναχίσδω θαμέως• ἀλλὰ τί κεν ποείην;
ἀγήραον ἄνθρωπον ἔοντ’ οὐ δύνατον γένεσθαι.

isto lamento a miúdo; mais, que vou facer?
que o ser humano non avellente resulta imposible.

Que é o que lamenta? Como víramos o outro día; os cambios na súa pel e os seus cabelos brancos, o maior peso do seu corazón e que os seus xeonllos xa non bailen como antes.

τά; recóllese na tradución como “estas (cousas)”, literalmente, ou “isto” para que resulte máis natural en galego.
κεν; é unha variante da partícula ἄν que aparece co optativo ποείην.
ἀγέραον; en galego debe ser traducido cunha paráfrase o que o grego transmitía con esta palabra ou o inglés recolle como “ageless” ou “undecaying”. Un termo galego como “anovar” non é apropiado, aínda que podería estar relacionado, xa que o significado do grego é ‘que non envellece’ e anovar sería máis ben ‘sufrir un cambio que volve a aparencia máis nova’ (como Brad Pitt en The curious case of Benjamin Button, para imaxinalo mellor). Digo que estes termos están preto semánticamente porque aquela persoa que anovara co tempo tamén sería ἀγήραος, pero o feito de ser ἀγήραος non implica que exista un proceso paulatino inverso ao de avellentar, senón que posiblemente, como os deuses, o paso do tempo e con este tamén a idade quedan suspendidos.

En relación con isto, penso que se podería explicar este verso que, se seguimos esta teoría, opón os mortais, para os que resulta imposible anular a categoría de tempo, aos deuses, que están por riba dela. A Aurora pertencería entón a esta categoría, á dos inmortais que ademais non sufren modificación algunha co paso do tempo. Pola contra, Titono, aínda que fose inmortal (por intervención da súa namorada) si sentía os efectos da ancianidade como Safo e como todos os mortais.

E inclúo como normalmente, a tradución de M.L. West;

This state I oft bemoan; but what’s to do?
Not to grow old, being human, there’s no way.

E a de Dirk Obbink;

How often I lament these things. But what to do?
No being that is human can escape old age.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s