Eloxios a Safo, Poemas galegos

“Felís enantes , poetisa”;

Nunha das pasadas entradas comentaba que algunha biografía de Safo relataba unha historia da poeta con Faón, polo que, segundo esas testemuñas, fora rexeitada.

Pintos recolle esa versión (segundo a cal a poeta suicídase por Faón) nesta breve referencia na súa obra Contos da aldea que parecen historias da vila e historias da vila que parecen contos da aldea (1858); “Safo e Dido se mataron por amores din as letras”.

Manuel Lois Vázquez na súa obra Brisas gallegas. Versos (1890) publicada en Lugo incluía un poema que titulou Despedida de Safo (pódese ler completo na rede nesta versión dixitalizada do n.186 de Revista gallega) e dedicoullo precisamente a Filomena Dato, a autora que aparecía neste espazo uns días atrás.

Nos seguintes versos dese poema o autor presenta a Safo lamentándose (como estamos a ver que fai realmente no poema de Titono) pola perda da xuventude. Lois Vázquez fai referencia a “praceres” dos que a poeta xa non pode disfrutar, mentres ela expresa a súa pena mediante unha enumeración de efectos físicos da vellez (agás o de “βάρυς δέ μ’ ὀ θῦμος πεπόηται” do v.5 que pode considerarse unha sensación da propia poeta pero que resulta unha imaxe moi plástica). Ademais, con esta descrición, ao mesmo tempo, Safo pode estar facendo referencia tamén ás experiencias coas que desfrutaba e que xa non poderá volver vivir (como o baile), pois ese é o resultado do seu avellentamento.

(…) ¿Neste mundo que che queda deses praceres
tan doces, daqueles pasados goces, daquela edá fresca e leda? (…)

Cara o final do poema faise unha referencia ao mar que recibe a Safo nesta versión da súa biografía;

(…) Un mar que ruxe furioso! pola víutima
esperando! ¡un mar que corre bramando dendes dun ó outro polo
miña morte, alegre, solo e contento pregoando (…)

Para rematar, inclúo un verso no que Lois Vázquez presenta a Safo despedíndose da súa lira, coa cal animaba a disfrutar ás rapazas do seu círculo no poema de Titono;

(…) Quedate muda, calada! Miña lira, antes sonante! (…)

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s