Lírica grega

A vellez non quere espellos;

Na Anthologia Graeca, da cal xa incluímos algún fragmento neste espazo, atopamos ao principio do libro sexto (Anth. Gr. 6.1) un epigrama atribuído a Platón. Este libro contén os denominados “ἐπιγράμματα ἀναθημάτικα” ou dedicatorias.

ἡ σοβαρὸν γελάσασα καθ᾽ Ἑλλάδος, ἥ ποτ᾽ ἐραστῶν
ἑσμὸν ἐπὶ προθύροις Λαῒς ἔχουσα νέων,
τῇ Παφίῃ τὸ κάτοπτρον: ἐπεὶ τοίη μὲν ὁρᾶσθαι
οὐκ ἐθέλω, οἵη δ᾽ ἦν πάρος οὐ δύναμαι.

Unha posible tradución é a que presento a continuación;

Eu a que con soberbia ría de toda a Élade, a que tiña un día
unha multitude de amantes novos ante as miñas portas, Lais,
dedico á Pafia este espello; pois non quero verme tal e como son
ao non ser quen de verme como era.

A seguinte é a tradución de W. R. Paton de 1916;

I, lais, whose haughty beauty made mock of Greece, I who once had a swarm of young lovers at my doors, dedicate my mirror to Aphrodite, since I wish not to look on myself as I am, and cannot look on myself as I once was.

τῇ Παφίῃ; Pafia é un nome dado a Afrodita. Pafos, hoxe Baffa (nome turco) é unha vila no oeste da illa de Chipre onde o culto a esa deusa foi moi importante durante un longo período de tempo e á cal se lle dedicou alí un santuario.

O autor presenta a Lais lamentándose do seu avellentamento posto que xa non lle permite estar orgullosa e presentarse arrogante ao resto de Grecia pola súa beleza (actitude que ademais parece sentir agora que xa non pode cambiala), senón que, xa vella, debe ser modesta e nin mirarse a un espello quere. Supoñemos que os efectos que Lais recoñece no seu aspecto ante o espello son os mesmos que Safo enumera no poema de Titono ou os que tamén relata Arquíloco; cabelos brancos, pel chea de engurras…

Como na actualidade, o aspecto propio da xuventude era contraposto como preferible a aquel definitorio da vellez. Outra obra que ofrece numerosas testemuñas de que esta consideración estaba estendida no mundo grego é a Ilíada. Por exemplo, considéranse os cadáveres da xente nova como fermosos en comparación cos dos anciáns, de aparencia deplorable e penosa (Il., 22.73-76).

A senectude vai asociada por unha parte á falta de credibilidade (como na figura de Néstor, ancián con pouco éxito nos seus consellos) ou á fealdade (o que tamén se relaciona coa pouca atención, como lle acontece a Tersites), e por iso o autor do epigrama non quere nin ter espellos ao seu redor. Mais, seguindo coa Ilíada, a vellez é tamén digna de aprecio e estima ata o punto de que é ela, personificada na figura de Príamo, a que remata coa cólera de Aquiles.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s