Lírica grega, P.Köln., P.Oxy.

Por fin Titono;

Chegamos xa aos últimos catro versos (vv9-12) do poema de Titono;

καὶ γάρ ποτα Τίθωνον ἔφαντο βροδόπαχυν Αὔων
ἔρωι φ..αθεισαν βάμεν’ εἰς ἔσχατα γᾶς φέροισαν,
ἔοντα κάλον καὶ νέον, ἀλλ’ αὖτον ὔμως ἔμαρψε
χρόνωι πόλιον γῆρας, ἔχοντ’ ἀθανάταν ἄκοιτιν.

E esta é a miña tradución;

Pois din que tamén un día a Aurora de brazos rosados
por amor levou a Titono cara os confíns da terra,
cando era fermoso e novo, mais a el igualmente atrapou
ao final a canosa vellez, aínda tendo unha muller inmortal.

βροδόπαχυν é un ac. sg. do adxectivo composto ῥοδόπηχις.
Αὔων é unha forma eolia ac. de Ἠώς.
φ…αθεισαν é unha palabra que non está o suficientemente clara como para identificala, mais complementa á Aurora de xeito que “sofre algo por amor”.
βάμεναι é o inf. de aor. eolio do verbo βαίνω.
ὔμως pola forma ὅμως que significa ‘igualmente’, ‘aínda así’.
χρόνωι literalmente ‘co tempo’, ou sexa, ‘ao final’, ‘por fin’.

Esta é a tradución de M.L.West;

Tithonus once, the tale was, rose-armed Dawn,
love-smitten, carried off to the world’s end,

handsome and young then, yet in time grey age
o’ertook him, husband of immortal wife.

E a seguinte a de Dirk Obbink;

For people used to think that Dawn with rosy arms
and loving murmurs took Tithonus fine and young

to reach the edges of the earth; yet still grey age
in time did seize him, though his consort cannot die.

O poema é entón por fin de Titono e parece que a razón pola cal Safo acude a este mito é que ofrece unha idea positiva de consolación a todo aquilo polo que choraba nos anteriores versos.

Anuncios
Estándar

3 thoughts on “Por fin Titono;

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s