Sin categoría

Canción e baile de voda;

Un aspecto que aínda non foi tido en conta neste espazo e que sen dúbida axuda a comprender mellor calquera poema é o contexto para o cal foi composto e no que se recitou (ou neste caso, no que se cantou).

O poema de Titono é unha canción de consolación na que a voz poética lamenta a súa situación. Ao final, anímase para tratar de superar esa desgraza. Como apunta, André Lardinois (“The New Sappho Poem (P.Köln 21351 and 21376) Key to the Old Fragments” en The new Sappho on old age, 41-57) é probable que tamén exhorte á súa audiencia para que se sobrepoña a esas dificultades.

Deféndese polo tanto que este poema tivo un contexto performativo público e non que Safo interpretaba a composición nun ambiente privado. Probablemente ela mesma era a cantante e estaba acompañada por un grupo de bailarinas que son ás que fai referencia no v.1.

Safo compón o que se trata dunha especie de despedida da súa xuventude (xa pasada) unha vez que se decata dos efectos que o paso do tempo tivo no seu aspecto. Lardinois apunta tamén que constitúe un adeus á súa beleza, a cal aínda recoñece nas rapazas do seu círculo.

Algúns estudos defenden a posibilidade de que este poema á ancianidade fora representado nun banquete de voda, como outras composicións de Safo. Neste contexto, o contraste que observamos nos primeiros versos do poema entre a vellez da cantante e a xuventude das mozas que bailan ao seu redor viría da man da comparación tamén entre a idade da primeira e a da parella recentemente casada. Un apoio a esta teoría é que noutras cancións de voda oponse á parella a heroes e heroínas, como aquí Safo a Titono. Ademais son frecuentes nestas composicións as referencias ao paso do tempo e ao inevitable avellentamento dos seres humanos.

Polo tanto, é probable que a propia Safo cantara nunha voda este poema, rodeada de rapazas que bailaban ao ritmo da composición, para resaltar a xuventude destas e da parella que casara recordando que é imposible non avellentar e que xustamente por iso deben disfrutar como fixo ela un dia tempo atrás.

Anuncios
Estándar

One thought on “Canción e baile de voda;

  1. Pingback: Decadencia e ruínas (II) | cantaoutravez

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s