Lírica grega, P.Köln., P.Oxy.

O que o facía unha canción;

Soamente ao ler o poema de Safo nunha máis ben pobre pronunciación do grego (pola nosa dificultade, como falantes de linguas sen distinción de cantidade das vogais) ou ata nunha lectura en tradución chega a nós a forza do lamento dunha poeta que vía que quedaba xa lonxe o tempo no que era quen de bailar e bailar. Se isto é así, imaxinade o ritmo que podía ter, a atmosfera na que se representaba…

Para poder pensar na cadencia do poema con certa seguridade debemos estudar a súa métrica. Esta emprégase ademais, xunto con outros mecanismos (como a similitude con outras composicións e a prototipicidade das estruturas e figuras), para encher os ocos roídos polo tempo nas testemuñas que conservaron o poema.

A lingua grega diferenciaba vogais longas a breves e así sílabas tamén de cantidade diferente seguindo unhas regras nos diferentes contextos de palabra. Era esta oposición en secuencia a que permitía dotar de ritmo aos poemas e elixir unha cadencia para determinada composición dependendo da súa orixe ou temática, por exemplo. Polo tanto, non era a rima a que unía os versos, senón o ritmo.

A poeta Safo inscríbese dentro da poesía eolia, xunto con Alceo, e elixe polo tanto unha secuencia de sílabas que sería a seguinte:  — ∪ ∪ — . Esta estrutura recibe o nome de coriambo e as fontes informan de que era empregado con frecuencia pola poesía lesbia e recibe o nome de “aiolikon”. A denominación técnica que recibe este tipo de verso recollendo a terminoloxía de Bruno Snell é hiponacteo acéfalo con dobre expansión coriámbia 2c. O esquema é este:

x — ∪ ∪ —  |— ∪ ∪ — — ∪ ∪ —  ∪ — —

Na primeira sílaba emprégase ese símbolo para indicar que é indistinta a súa cantidade (pode ser tanto breve como longa) e o termo específico é anceps. Ao ser só unha sílaba inicial antes do esquema do coriambo e non dous (como ocorre normalmente da métrica eólica) é chamado acéfalo, como dicía máis arriba. A última sílaba do verso, por outra banda, é normalmente longa, mais podería ser breve tamén indistintamente aínda que na poesía lesbia o normal é a uniformidade da cantidade das sílabas en final de verso. M.L.West propón unha denominación alternativa a esta tradicional que é “hagisichorean”, coa finalidade de non entender o verso como un máis curto do normal (“acéfalo”, é dicir, sen cabeza ou sen inicio).

Neste poema o primeiro coriambo do verso coincide nos vv. 2, 3, 5, 9, (10 non podemos sabelo) 11 e 12 con final de palabra. Mais unha das características das composicións sáficas é a variedade no uso da estrutura interna movendo a cesura (a pausa cara a metade do verso), por exemplo.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s