Sin categoría

Gacela.

Deterémonos nun verso do poema da ancianidade para coller folgos e comezar a encher este espazo con novas entradas. Este do que falo é o v.6, no que Safo remata a enumeración dos efectos da vellez nela;

As gacelas son animais caracterizados polos seus grandes ollos, o seu rabo curto, as súas patas finas e uns cornos curvos que, curiosamente, non nun poema, senón nunha definición de dicionario, son comparados pola súa forma á dunha lira.

Se algo destaca no seu comportamento é a súa axilidade de movemento e é este rasgo precisamente o que empregou de xeito destacado a poeta española Amalia Bautista no poema que leva este título, “Gacela”. Está incluído na súa obra Falsa pimienta e, aínda que na primeira estrofa presta atención aos seus ollos escuros e misteriosos (á vez que tranquilos), na segunda enfatiza que o que a define son as súas pernas delgadas pero non débiles, senón que xustamente por ser flexibles son áxiles e capaces de bailar, correr, fuxir…

Gacela

Me llamaban Gacela por mis ojos,
oscuros y profundos como un lago
al que asomarse en medio de la noche
y descubrir la paz y la sorpresa.

Me llamaban Gacela, sobre todo
por mis piernas delgadas y flexibles,
ágiles para el baile y la escapada,
tan veloces, tan finas, tan capaces.

Estas dúas características das gacelas e animais do seu tipo foron recollidas en numerosas ocasións pola literatura (tamén a galega) coa finalidade de describir uns ollos grandes ou un corpo axil e bo no baile en comparacións do tipo “andar” ou “ollar de gacela”.

Polas pernas é polo que máis se asemella ás gacelas a voz deste poema e esa cualidade destes ruminantes, salientada por Amalia Bautista, fora recollida xa por Safo no poema da ancianidade. Nesta composición, como xa vimos en entradas anteriores, a poeta de Lesbos compara os seus xeonllos de cando era nova cos de cervos, pois grazas a eles era quen de bailar como agora xa non pode, tras a vitoria do tempo.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s