Achados papiráceos, Poema dos Irmáns

“Family love”

O próximo día sete de febreiro fará un ano desde a publicación no Times Literary Supplement do artigo de Dirk Obbink titulado “Family love”.

Como xa explicamos neste espazo, no artigo anunciábase o descobremento de dous novos poemas de Safo. Estes si poden ser chamados “novos” fronte ao que estudamos ata agora, o da ancianidade, que ostentou este título de 2004 ata o pasado ano. E sería toda unha sorte que estes tan recentes perderan esa rúbrica nun futuro desbancados por outro achado.

O artigo de Dirk Obbink presentaba unha introdución do traballo que se publicaría no ZPE ese mesmo ano, tratando de achegar esa boa noticia a un público máis amplo e, como el mesmo dicía nese escrito, de salientar a importancia dun achado como ese.

Tratábase da presentación dun poema que para abreviar se deu en chamar “Poema dos irmáns” (“The Brothers Poem”) e outro coñecido desde entón como “Poema da Cipria” (“The Kypris Poem”). Este asomará neste espazo máis adiante, despois de ter lido con calma o dos irmáns. Mais como breve introdución; trátase dun poema de amor adicado á deusa Afrodita empregando o seu outro nome, Cipria. Está moito peor conservado, pero axudou a completar algúns versos xa coñecidos por outro fragmento nos que se cometera algún erro de reconstrución.

No Poema dos irmáns fálase dos dous irmáns de Safo (son recoñecidos grazas a outras fontes e non ao propio poema, como veremos máis adiante, e ademais son comparables a outras figuras literarias fóra da obra sáfica) dun xeito diferente, contrapoñéndoos en certa medida.

Un poema a estrear entón que como un día pola mañá ben cedo ou como un novo ano (este, un máis) chegou cheo de insospeitadas promesas e coa posibilidade de constatar agora no presente unha historia que non había razón para esperar de novo no que era futuro.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s