Lírica grega

Decadencia e ruínas (II)

Igual de fráxiles son as nosas concepcións sobre eses elementos que chegaron a nós de xeito incompleto. Page duBois defende que resulta un feito incómodo que o pasado non sexa totalmente accesible. Coa precaución de non caer nun cego optimismo, persoalmente, penso que apreciar o que si se conserva (coa dúbida sempre en mente de como sería o que se perdeu) leva a que, no canto de lamentar a decadencia como Safo ao principio do seu poema, recoñezamos a súa fraxilidade valorando aínda máis o feito de que contemos con eses elementos.

Para rematar, grazas a estes restos (incompletos), Gregory Nagy defende, como se conta tamén neste artigo, unha teoría relacionada co contexto de representación do poema (do que xa faláramos noutra entrada). Este clasicista postula que a versión longa do poema, que presenta unha esperanza despois da morte, podería ter sido representada nun contexto de cantos corais e de bailes en eventos públicos. Mais unha versión sen eses catro versos finais di que parece máis acertado situala nun contexto performativo privado como un banquete.

Deborah Boedeker sinala que podía tratarse, efectivamente, de variantes do poema segundo o contexto no que fora ser cantado do mesmo xeito que en manuscritos medievais hai discrepancias que dan conta de variacións e diferenzas na súa forma oral. Penso que é importante ter en conta que non se trata entón só dun poema no que mostrar as súas emocións, senón que a referencia, se ben pode ilustrar un tema persoal, vai máis alá e permite a identificación da audiencia e dos lectores actuais por tratarse dun elemento atemporal, aínda que pareza un paradoxo.

A este respecto, Denys Page defende que se trata dun lamento íntimo propio dun ambiente e dunha poeta feminina, cando xa vimos neste espazo que tamén homes choraban esa decandencia e non se trataba dun pesar co que se adoctrinara entón só ás mulleres como tantos outros.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s