Lírica grega

Decadencia e ruínas

Unha interesante publicación como a de Page duBois (profesora de clásicas na Universidade de California) titulada “Sappho, Titonus and the ruin of de body”, do ano 2011, servirá neste espazo para salientar algúns dos aspectos que quedaron sen comentar ao redor do poema da ancianidade e para refrescar o que víramos sobre esa composición.

Neste artigo destácanse os dous aspectos que son, segundo a autora, fundamentais no poema de Safo e que son aplicables ao paso do tempo tanto sobre os seres humanos como sobre os restos materiais que hoxe son ruinas e fragmentos: o medo á decandencia e á morte e, por outra banda, a promesa de supervivencia ou a inmortalidade.

Como lectores do século XXI dos poemas sáficos di duBois que lamentamos a perda material (comparada á decadencia da ancianidade), mais ao mesmo tempo tratamos de suplir desde a nosa propia visión da arte esa carencia apreciando o que si foi conservado como se estivésemos ante un elemento inmortal. Do mesmo xeito, a vellez, como na antiga Grecia, considérase unha privación de pasadas aptitudes e desta visión xurde o lamento e o medo á perda total; á morte. A senectude é tamén o desecar do líquido da vida, unha especie de sabia que lubricaría articulacións como os xeonllos (tan frecuentes en descripcións de perda de forza corporal) poñendo en relación, con outra metáfora da natureza, a xuventude coa primavera. Mais o declive, como dicía, equipárase á falta de elementos en estatuas mutiladas ou de versos nun papiro (trátase dunha comparación entre o avellentamento e a decadencia da Antigüidade), de xeito que atopariamos certo placer no feito de observar esa fraxilidade das ruínas provocada polo azaroso traballo do tempo.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s