Lírica grega, Poema dos Irmáns

Libro I

Os poemas de Safo que se incluíron no libro I están relacionados maioritariamente coa temática erótica e amorosa e interprétanse nalgúns estudos como máis íntimos e como testemuña ben do disfrute ou ben do padecer da propia poeta.

Pola contra, Dirk Obbink sinala que o “poema dos irmáns” debe considerarse en relación a outro ciclo de composicións ben diferentes incluídas tamén nese libro (ou capítulo) que contaría con temas como a familia, a vida en sociedade e os asuntos de negocios da xente que rodeaba a Safo. Polo tanto, alternarían no libro I (no cal todos seguen a estrofa sáfica) poemas sobre o amor e outros similares ao dos irmáns.

Este feito (aínda que tratarei de argumentar máis abaixo a tese de que non se trata de temáticas tan distanciadas como pode parecer nun primeiro momento) lévanos a estudar estes versos desde outra perspectiva. Ademais, un poema como este ofrece a oportunidade de descubrir nun nivel máis profundo o ambiente no que Safo compoñía e o seu papel nese contexto, así como as diferencias entre este rol e o da propia poeta noutra atmosfera como pode ser a das reunións coas súas discípulas.

As imaxes predominantes neste ciclo de poemas serían as propias da vida mariñeira na que participaba a familia de Safo, o comercio ou o servizo militar. Estas experiencias marcaban o proceso de maduración dos homes (neste caso os irmáns de Safo) e tamén das mulleres (Safo) que aparecían en escena con outro rol moi diferente.

Neste sentido, o rol de Safo no seu círculo entre outras mozas era o de “mestra”, “directora” ou “amante” e o papel de “muller” (como construción social) penso que quedaba suspendido. Por esta razón, se ben no libro I estamos ante poemas que cantan sentimentos moi íntimos, trátase de composicións que non impiden a identificación de experiencias propias (conta unha historia que Solón dicía que podería aprendela e despois morrer de tanto que lle gustara unha canción de Safo), senón todo o contrario: íntimo aquí non significa propio (e exclusivo), e máis ben quere dicir que entramos nunhas profundidades coas que Safo, como nós, contaba (un sentir inclusivo, por así decilo).

Pola contra, no ciclo familiar o papel de Safo é o de “muller” que levaba da man unha maneira determinada de actuar e un lugar concreto no que situarse con respecto ao resto da sociedade. Safo é primeiro “irmá” neste poema (“nai” cando fala da súa filla Cleis) e compórtase como se espera que esta figura o faga: preocúpase polos seus irmáns, coida deles (seguramente o fixera con Cáraxo antes de que marchara a Exipto) e como “muller” agarda, en casa.

Con respecto a este último rasgo do comportamento que se esperaba da figura feminina, Dirk Obbink pon en relación a Safo con Penélope, mentres que Cáraxo sería Ulises e o papel de Telémaco sería representado por Lárico. Estas reminiscencias homéricas demostran que este poema debe ser encadrado na tradición da “volta a casa do home” (nostos, ou “volta” da guerra nun ambiente no que era moito máis frecuente que no contexto que actualmente nos rodea a nós. E o máis coñecido destes nostoi sería o de Ulises, claro). Ao ser un elemento que se repite nesta tradición como esquema de caracteres non sería erróneo afirmar que se trataba dun patrón instalado na sociedade e ante o que tiñan que responder como familia tamén os nosos protagonistas de Lesbos. Aínda así, para que sexa interpretado deste xeito o poema de Safo, ese tópico teríase convertido, de seito máis xeral, na “volta” simplemente.

Polo tanto, se ben a temática varía entre estes poemas, non estamos no libro I ante composicións tan íntimas como para que só Safo no seu contexto puidese comprendelas e o que si sofre unha modificación maior dentro dese grupo é o papel que cumpre a poeta na sociedade.

Anuncios
Estándar

2 thoughts on “Libro I

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s