Lírica grega

Do ‘barmos’, ‘krar’ e guitarras

Na páxina 13 da publicación da Universidade de Oxford (Facultade de Clásicas) na que Dirk Obbink comentaba o poema dos irmáns atópase tamén o artigo de Armand D’Angour. Este profesor realizou un estudo sobre a reconstrución da antiga música grega e ademais ten traballos nos que Safo é o fío condutor.

Neste breve artigo en concreto trata de explicar dun xeito moi cercano ao público actual como era esa escena na que a poeta cantaba e a audiencia disfrutaba tanto, probablemente, como Solón (do cal sabemos que apreciaba inmensamente as composicións de Safo).

Nesa escena da que falo o elemento principal era o coñecido como ‘mousiké’, é dicir, palabras, ritmo e música combinados.

Destaca D’Angour o feito de que os versos dos poemas que conservamos non son máis (nin menos, debo engadir) que a letra dunha canción, polo que temos a tarefa de imaxinar o potencial desta engadíndolle a música orixinal.

Esta melodia era a do son dunha lira longa coñecida como ‘barmos’ ou ‘barmitos’ que non impedía co seu ton escoitar a voz que cantaba;

Safo e Alceo tocando o ‘barmiton’. Munich, Staatliche Antikensammlungen

O profesor Stefan Hagel, da Austrian Academy of Sciences, mostra as diferentes maneiras de tocar a lira na antiga Grecia baseándose en representacións pictóricas (desde o segundo 0:40).

Menciona tamén Armand D’Angour a música popular etíope na que aínda se emprega a cítara (un tipo de lira) que alí recibe o nome de ‘krar’. Pódense atopar en Youtube tamén, como se sinala no artigo, exemplos de cancións tradicionais acompañadas deste instrumento.

Ademais de identificar o instrumento grazas ás pinturas en elementos da cultura material como vasos, tamén podemos recoñecer o ritmo seguindo o esquema métrico da estrofa sáfica que como di D’Angour era lixeira e chea de vitalidade. Esta seguiría case un patrón idéntico de alternancia entre notas longas e breves e remataría cun cambio no último verso da estrofa, no cuarto, que o alongaría pechando así a secuencia cunha cadencia moi característica.

En canto á melodía, parece ser que era composta seguindo a inflexión tonal das palabras que se marcou desde o s.III a.C cos acentos que coñecemos hoxe (agudo, grave e circunflexo). É dicir, a aquelas sílabas que contaran cun ton máis alto lles correspondería unha nota tamén máis alta. Se ben Safo compuxo dous séculos antes de que nacera a notación melódica en Grecia, conxetúrase (por testemuñas posteriores) que empregaba o que despois recibiu o nome de modo mixolidio. Os modos gregos (que paradóxicamente é unha denominación latina pois en grego falábase de ‘tonoi’) foron fundamentais para a posterior evolución das escalas musicais.

Propón o profesor D’Angour que o modo mixolidio pode que fora inventado pola propia Safo e foi empregado posteriormente en traxedia posto que encaixaba moi ben co ton de lamentos e queixas. Mais existe un modo na tradición musical clásica da india (chamado ‘khamaj’) que é o equivalente ao mixolidio.

Nun tempo moito máis recente, naceron cancions que pasaron xa a ser consideradas tradicionais de distintos pobos compostas seguindo o modo mixolidio como esta irlandesa titulada “She moves through the fair”. Ademais partes de cancións moi coñecidas na actualidade contan con este modo; “Sweet home Alabama” de Lynyrd Skynyrd, “Hey Jude” de The Beatles ou “Sweet child o’mine” de Guns n’ Roses.

E, volvendo a antigüidade, aínda que este modo agora pode non asombrarnos seguramente sonaba moi exótico para unha persoa ateniense debido ao efecto que tiña o fenómeno da baritonesis eolia do acento recesivo do que xa falamos.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s