Poema dos Irmáns

Heródoto fala da familia de Safo

Heródoto documenta un poema (έν μέλει) no que Safo falaba do seu irmán Cáraxo. A historia conta (2.134-135) que este liberara por un alto prezo a unha cortesá exipcia chamada Ródopis (‘de cara rosada’, etimoloxicamente). Safo critica este gasto e ao seu irmán por esa dilapidación dos seus recursos.

Heródoto fala dunha pirámide e di que algúns gregos cren erroneamente que foi construida pola cortesá Ródopis (segundo el, Tracia e compañeira na escravitude do escritor de fábulas Esopo). Para mostrar que están equivocados conta a historia desta muller e é entón cando entra Cáraxo en escena; despois de que esta muller viaxara a Exipto para traballar foi liberada por este que xa aparece entón como irmá de Safo, a poeta.

Conta entón o historiador que gañou bastantes cartos para ser unha muller exipcia, mais non tantos como para elevar unha pirámide. Ródopis quería deixar memoria da súa figura en Grecia e para iso invertiu gran parte do que tiña nunha ofrenda que se conservou diante do templo de Delfos ata o día no que escribía Heródoto.

Xusto antes de pechar esta historia cun directo “‘Ροδώπιος μέν νυν πέρι πέπαυμαι” (Isto é bastante sobre Ródopis) (2.136.1), cita Heródoto o que estabamos agardando;

Χάραξος δὲ ὡς λυσάμενος Ῥοδῶπιν ἀπενόστησε ἐς Μυτιλήνην, ἐν μέλεϊ Σαπφὼ πολλὰ κατεκερτόμησέ μιν

Cáraxo, despois de liberar a Ródopis, volveu a Mitilene e nun poema Safo atácao duramente.

No noso poema!

Tratábase entón dun mercader de viños lesbio que namorara dunha cortesá recoñecida.

Ata a aparición destes novos poemas de Safo, como indica Dirk Obbink, non tíñamos datos sobre a información coa que contaban os atenienses receptores da historia de Heródoto nin a fonte desta como para saber se podía parecerlles creíble ou non. Mais agora podemos conxeturar que esta historia da familia de Safo era coñecida ou que, canto menos, o historiador si sabía destes acontecementos polas composicións anteriores.

O feito de que xa tivéramos noticia da existencia deste poema, mais non a propia composición foi unha das razóns que fixeron sospeitar que o descubrimento podía non ser tal e tratarse dunha invención erudita ou dun engano. Pero isto (aínda que resulte unha coincidencia asombrosa) non é argumento suficiente para negarse a aceptar a autenticidade dun poema. Ademais de cumplir o poema coas características métricas, estilísticas e temáticas coas que podemos describir as composicións sáficas, o papiro superou probas químicas que indicaron a súa antigüidade.

As dúbidas respecto á autenticidade deste papiro e as incógnitas ao redor da súa orixe provocaron unha interesante discusión nos estudos clásicos este último ano e foron ademais un dos motivos que levaron a crear este espazo e a realizar este proxecto, polo que serán tratadas máis polo miúdo noutra entrada.

Anuncios
Estándar

One thought on “Heródoto fala da familia de Safo

  1. Pingback: Nomes que falan (I) | cantaoutravez

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s