Lírica grega, Poema dos Irmáns

Nomes que falan (I)

O 19 de febreiro do pasado ano, Rudolf Wachter iniciaba no blog que fora aberto para discutir aspectos relativos ao poema dos irmáns (por aquel entón, recén descuberto) un novo debate. Este nacía da exposición por parte do anterior profesor das teorías etimolóxicas sobre os nomes dos irmáns de Safo e remataría relacionándose coas hipóteses que tratan de identificar a persoa á que se dirixe a poeta na primeira estrofa.

Recordemos que estes nomes eran xa coñecidos por outras fontes (como vimos en Heródoto, 2-134-135), mais non pola obra da propia Safo. Penso que o seguinte sirve para ilustrar esta situación e para deixar ademais un fío solto que poderemos retomar máis adiante; pensemos no feito de que que nas obras da familia Brontë (por Charlotte, Emily e Anne) non se diga nada do seu irmán Branwell. E aínda vos pido máis; pensemos que deste só temos noticia por todo o que viu despois (novelas, estudos, obras de teatro, exposicións en museos e ata unha crónica sobre os seus últimos días de vida) e non pola súa obra como pintor, por exemplo. Esta comparación que pode resultar disparatada tamén falaría (sen omitir as obvias diferenzas contextuais que se reflexan, por exemplo, no tratamento de temas como o amor na antiga Grecia e na época victoriana) das similitudes entre Cáraxo e Branwell (xa que os dous son o irmán que decepciona, ao que hai que coidar, aconsellar e levar por un mellor camiño) ou do proxecto de escola para mozas de Charlotte en paralelo á interpretación de mestra que á figura desta poeta se lle daba no século XIX dentro do círculo de Safo.

Se aparecera entón un novo poema de calquera das tres escritoras que falara sobre os excesos do seu irmán e reprendera a súa conducta teríamos un “novo poema dos irmáns ao Safo”.

Volvendo aos irmáns da illa de Lesbos e, concretamente aos seus nomes, que dicíamos que xa eran coñecidos, debemos salientar como fai Rudolf Wachter que son nomes parlantes. Este tipo de nomes son moi correntes na tradición grega, sobre todo no mito como proba de que é unha historia á que se lle deu forma para tratar de explicar o incomprensible entón. E que hai máis ilustrativo que un nome propio que indica as cualidades ou as fazañas da persoa á que se lle atribue? Un claro exemplo serían os irmáns Prometeo e Epimeteo. Despois este recurso foi empregado frecuentemente pola comedia.

Comezando entón por Cáraxo: Χάραξ-ος di Rudolf Watcher que é un hipocorístico en -ος, é dicir, un diminutivo afectuoso como Πάτροκλ-ος dun Πατροκλέης. Sinala a continuación que hai testemuñas do composto χαραξί-ποντος en Simónides (tamén en Plutarco, Praecepta, 1) que significa ‘que ara o mar’. Polo tanto, é un nome que casa moi ben cos datos que temos sobre a profesión deste irmán de Safo e é case un nome parlante, pois este ocupábase de “traballar o mar”, no sentido de que viaxaba por vías marítimas para comerciar con viños lesbios.

En canto a Lárico: Λάριχος parece que deriva dun nome cun sufixo -ιχος. Pensouse que a raíz podía ter a súa orixe na palabra λάρος que significa ‘gaivota’, mais a primeira sílaba ten que ser longa. Entón defende este profesor que debe vir de λῆρος, ‘parvada’ no sentido de ‘falar sen sentido’ e é cando chegamos a este punto cando podemos relacionar entón a persoa á que se refire Safo na primeira estrofa cun adolescente Lárico como charlatán e laretas. Se isto é así, teríase que explicar entón o paso desa 2ª persoa á 3ª que emprega Safo máis adiante para referirse ao seu irmán. Defende Wachter que a poeta, ademais de desexar que deixara xa de falar e falar, pretendería ensinarlle unha lección sobre relixiosidade.

Anuncios
Estándar

One thought on “Nomes que falan (I)

  1. Pingback: Novas segundas persoas | cantaoutravez

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s