Lírica grega, Poema dos Irmáns

Nomes que falan (II)

O feito de que os irmáns de Safo teñan nomes parlantes, non indica, como podemos pensar polo seu emprego no mito, que non sexan reais, senón que poderían ter sido sobrenomes que Safo emprega para eles. Nunha ordenación gradual dos supostos sobre a existencia destes irmáns teríamos as seguintes opcións entón: trátase dos verdadeiros irmáns de Safo e eses eran os seus nomes; son os seus irmáns con alcumes (postos por Safo ou ben son polos que se lles coñecía en Lesbos); Safo tiña irmáns, mais a descripción dada non pertence a eles e tampouco, claro, os nomes; son personaxes ficticios e nunca existiron.

Jan Kwapisz engade ao debate aberto por Rudolf Wachter o punto de que o significado de ‘acompañar’ que pode atribuirse a πέμπην pode indicar que Safo está a dirixirse a unha figura masculina, posto que necesitaría desa persoa canda ela no camiño cara o lugar onde realizaría o sacrificio (debemos ter en conta que isto é traballo en hipótese).

Intervén entón o profesor Enrico E. Prodi (experto que participaba frecuentemente nese espazo na rede e aportaba as súas ideas á discusión) para dicir que a el non lle convence o cambio de persoa gramatical para facer referencia a Lárico. Dubida que se trate dun parente masculino e tamén da idea de M.L.West e Obbink (que explicaba aquí) de que fose a nai de Safo ou o seu pai polo ton condescendente por parte de Safo que el aprecia na primeira estrofa. Debo engadir que pode tratarse, efectivamente, dun neno xa que (como se sinala no libro de Diane J. Rayor e André Lardinois Sappho: A New Translation of the Complete Works, 2014) pode ser o seu terceiro irmán, o máis pequeno: Erixio. Enrico E. Prodi, pola contra, defende que a quen fala Safo é a súa filla Cleis pola idea que desta figura nos facemos noutras composicións da súa nai.

Para rematar, soamente citar algo que comentarei máis adiante; en Alceo atopamos argumentos que soportan varias das teorías arriba defendidas como son a que postula que pode haber un cambio entre a 2ª e a 3ª persoa ao longo da composición e a que explica ‘Cáraxo’ e ‘Lárico’ como nomes parlantes.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s