Lírica grega, Poema dos Irmáns

Novas segundas persoas

Na entrada na que comentaba a primeira estrofa conservada do poema dos irmáns sinalaba que non se chegou polo de agora a un acordo sobre a identidade desa 2ª persoa á que se dirixen estes versos. Desta vez tratarei de reunir as diferentes teorías sobre este tema que foron xurdindo neste ano pois pode resultar confuso.

Dicía entón que podería ser un membro da familia de Safo. Este parente entendemos que é un que se atopa con Safo en Mitilene, Lesbos, pois esta sofre reiteradamente as súas queixas e parvadas e ademais ela é quen o manda facer sacrificios aos deuses. Mais, trátase dunha muller ou dun home? M.L. West defendía a idea de que fose a nai de Safo a destinataria desas palabras, mais discúteselle esta hipótese polo ton condescendente que toma a poeta nestes versos. Outra opción entón sería que a 2ª persoa fixese referencia a un membro da súa familia masculino. De ser este o caso, podería aludir ao pai de Safo (teoría que, penso, podería ser rebatida co mesmo argumento empregado para desmontar a que sinala a súa nai), a un neno pequeno como o terceiro irmán de Safo (Erixio,como defenden Diane J. Rayor e Andrè Lardinois, do que non temos case datos) ou a Lárico. Para apoiar a idea de que é este ao que se dirixe a poeta debemos defender a posibilidade dun cambio de persoa gramatical manténdose o referente da primeira estrofa en adiante como sinalaba nunha entrada anterior.

Esa 2ª persoa pode tamén facer referencia a algunha das mozas que escoitasen a canción de Safo ou ao círculo como conxunto mais non hai datos que fagan de soporte para esta teoría.

Ata pode que se trate da propia poeta e se cremos nisto, pode que sexa tamén ela a que fala, de xeito que estariamos ante unha desdobramento da súa propia personalidade (ela fálalle ao seu propio ‘ánimo’ ou interior) ou pode que esta estrofa remita ás palabras dunha terceira persoa que se dirixía a Safo e que esta plasma no poema citándoas directamente.

A hipótese de Enrico Prodi é outra e defende que a persoa á que se dirixe Safo é a súa filla Cleis que atopamos noutros poemas como destinatario e que pode tratar de xeito similar.

Por último, sinalar que tamén se ten identificado esta persoa con Dórica, a namorada de Cáraxo da que xa falamos neste espazo. Para defender esta teoría debemos pensar en que esta estaba en Lesbos, xunto a Safo, agardando tamén polo mariñeiro e non en Exipto.

O máis probable é que o fragmento non conservado do poema (unha ou varias estrofas) dera resposta a estas dúbidas, mais isto é o que ata agora se nos permitiu saber desa persoa que non paraba de falar e falar sobre a volta a casa de Cáraxo.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s