Achados papiráceos, Lírica grega, Poema dos Irmáns

De man en man.

Antigos papiros nos que se puxeran por escrito desde obras literarias ata recibos de impostos en grego foron reciclados no antigo Exipto como un dos materiais empregados no proceso de momificación. Por esta razón, o propietario anónimo do grupo de papiros entre os que se atopaba o poema dos irmáns imaxinou que esta era a súa procedencia.

Momia do período romano.

No mes de novembro do ano 2011, un conxunto de ao redor de 60 fragmentos de papiro que contiñan texto en grego ou en copto vendéronse nunha poxa en Christie’s (unha das compañías de poxa con máis prestixio no mundo) en Londres. Estes fragmentos obtivéraos o arqueólogo David M. Robinson  (profesor despois da Universidade de Mississippi) no Cairo en 1954 do Sultán Maguid Sameda (mercador da Galería de Arte Magid Sameda). Nesa época, as leis internacionais e do propio Exipto non prohibían que restos como eses abandonaran o país.

Robinson cedeu o grupo de papiros á Universidade de Mississippi, mais esta institución desfíxolle deles para así poder adquirir parte da obra do escritor William Faulkner (nado en Mississippi).

O lote vendeuse en Christie’s por 7.500 libras esterlinas e Dirk Obbink declarou que o comprador anónimo chamara para pedir consello uns meses despois da poxa, en xaneiro de 2012. O novo propietario dos papiros quería saber por Obbink se sería posible identificar algún anaco de papiro sen despegar as capas que se atopaban comprimidas.

Di entón Obbink; “no momento no que lin a primeira liña, coa métrica e o nome do irmán de Safo, souben inmediatamente que era isto”. E é que como dixo M.L. West tiña ADN sáfico en cada verso. Salienta tamén que agora temos unha imaxe máis completa do traballo da poeta e da súa capacidade compositiva. Ademais, estes achados debúxana como unha persoa real, xa que ningún dos seus poemas mencionaban antes a súa familia do xeito no que o fai o poema dos irmáns.

Foi Obbink quen sinalou que a súa datación correspondía coa do 201d.C. e non se conservara como parte dunha momia xa que ademais non tiña restos de xeso nin pintura. Tamén este profesor defendeu a súa postura ante as acusacións que veremos a continuación; “non teño na miña mente ningunha dúbida sobre de onde procedía esta peza e podo garantir totalmente que non pode haber ningunha pregunta sobre iso”.

Mais, o feito de que se tardara tanto tempo en ofrecer esta información sobre a procedencia dos papiros orixinou un debate (do que falabamos o outro día neste espazo) que podería terse evitado cunha completa transpariencia ao respecto destes datos desde o primeiro momento, como defende a profesora da Universidade de Manchester Roberta Mazza. Por outra banda, a presentación de toda a información sen que fose previamente procesada por Obbink tamén podería provocar discusións infructíferas, polo que penso que, como dicía noutra entrada, debemos ter en conta o tempo que leva preparar toda esta nova información para a súa adecuada publicación. Ademais, Obbink quería asegurarse de que nas partes do lote que foran vendidas a outros compradores (e que agora eran conservadas noutros lugares dos Estados Unidos e Europa como Duke, Dublín, Chester Beatty Library e a Bodmer Foundation) non contaban con outros fragmentos de Safo. A razón de que agora se atopase disperso este grupo de papiros é que o propietario que o adiquiriu na poxa de Christie’s vendera fragmentos que el identificara como insiginificantes e do mercado londinense acabaron na Green Collection de Oklahoma City. Despois de obter o permiso para “rebuscar” entre estes 20 fragmentos, Obbink atopou versos que correspondían a poemas incompletos xa coñecidos de Safo. Ademais deste traballo, Obbink declarou que estaba a agardar para poder presentar os novos datos nun escenario apropiado como sería a reunión anual da Society of Classical Studies (SCS) que en 2015 sería en xaneiro en New Orleans.

Douglas Boin é autor de duras críticas á suposta falta de profesionalidade de especialistas que non outorgan, segundo el, a importancia que ten á clara identificación da procedencia dos restos da cultura material. Nesta liña, declarou que “a indiferencia cara a procedencia dun tesouro cultural envía un tácito e perigoso alento aos traficantes de artefactos saqueados”.

A historiadora Bettany Hughes, que foi unha das primeiras en escribir sobre o novo papiro de Safo, denfendeu que parecía pertencer orixinariamente a un oficial alemán de alto rango. Por esta teoría que Obbink caracterizaría de “ficcionalización” e de “fantasía imaxinativa” Paul Barford (que publica no seu blog sobre cuestións relacionadas coa conservación da cultura material) preguntábase se estaba a insinuar que podería ter no seu momento pertencido a unha colleción nazi. Mais Dirk Obbink aclarou que nunca discutira sobre este tema con estes autores e que soamente eran hipóteses sen fundamento.

Como Mazza dixo, “estes pequenos obxectos dos que falamos, que van desde versos de Safo ata antigos recibos de impostos, son a base do noso estudo da historia (…) e poden ser propiedade dunha institución ou dun collecionista, mais son a base do que os historiadores e estudosos clásicos están facendo. Se perdemos a pista destes materiais, perdemos a pista da nosa historia”.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s