Lírica grega

Referencias divinas

No poema dos irmáns atopamos repetidamente referencias ás divindades. Estas alusións, como tantas outras, poden resultar complexas para a audiencia duns dous mil cincocentos anos despois de que Safo cantase.

É imposible sortear a dificultade de comprender unha realidade tan lonxana no tempo cando temos uns versos diante para traducir. Non só polo feito de que comprendelos o mellor posible é a nosa tarefa, senón porque ademais temos que tratar de verter á nosa lingua, coas palabras coas que contamos, aquela realidade. Estas palabras novas en relación ás de Safo foron xa peneiradas por moitos anos de falantes e pola historia destes. Por esta razón, evocan moitas veces o que pode que non quixésemos lembrar na nosa tradución ou resultan noutras ocasións frías, limpas e desprovistas do significado co que contaban en grego.

Os termos relacionados coa relixión resultan especialmente complicados xa que o panorama que leva desde a cosmogonía e o panteón grego ata as tradicións mistéricas é ás veces difuso para nós.

Na primeira estrofa das conservadas hoxe, a que estudamos nesta entrada, Safo salienta a superioridade da natureza dos deuses en relación á do ser humano e para isto emprega o nome de Zeus (v.2) e engade “e todos os deuses” (v.3), polo que reflexa a posición da divindade considerada máis poderosa. A interpretación de θέοι penso que é clara e sinala simplemente aos demais deuses e deusas do Olimpo.

ἀλλ’ ἄϊ θρύλησθα Χάραξον ἔλθην
νᾶϊ σὺμ πλέαι· τὰ μέν̣, οἴο̣μα̣ι, Ζεῦς
οἶδε σύμπαντές τε θέοι· ϲὲ δ’̣ οὐ χρῆ
ταῦτα νόεισθαι,

Na segunda estrofa a poeta cita á deusa Hera como raíña do Olimpo e como a divindade á que deben dirixir as pregarias polo regreso de Cáraxo. Como dicía no comentario destes versos, o epíteto de “raíña dos deuses” foi tamén empregado por Píndaro aínda que en Safo non atopamos con frecuencia referencias a Zeus e Hera. Tamén Afrodita e Atenea poden aparecer como raíñas.

ἀλλὰ καὶ πέμπην ἔμε καὶ κέλ[η]`ε΄ϲθαι
πόλλα λί̣ϲϲεϲθαι̣ βαϲί̣λ̣η̣αν Ἤ̣ραν
ἐξίκεϲθαι τυίδε ϲάαν ἄγοντα
νᾶα Χάραξον,

Na terceira estrofa é onde comezan os problemas coas referencias a un concepto máis impreciso ante os nosos ollos. O termo δαίμων é, de feito, o que me fixo crear esta nota ao poema. Esta palabra pode ter xénero masculino ou feminino e o seu significado é moi amplo, aínda que o máis probable é que a súa precisión fose maior para Safo. Pode significar ‘deus’, ‘deusa’, ‘divindade’, ‘xenio’, ‘espírito’… E ata ‘vontade divina’. Trátase, en definitiva, da faciana velada da actividade divina, como explicou W. Burkert.

No v.10 do poema atopamos a forma δαιμόνεσσιν que eu recollía na miña tradución como “divindades”. Na explicación que daba para esta decisión dicía que o termo resultaba sinxelo ao facer referencia aos deuses en xeral, mais non dun xeito tan preciso como o θέοι do v.4. Aínda así, outras traducións elexiron ‘dioses’ e ‘gods’, ‘démones’ ou ‘deidades’. Sinalaba que Tim Whitmarsh traduciu ao inglés esta palabra como ‘to higher powers’, de xeito que mantén máis aberto o campo referencial e evita determinar o termo tanto como se puxese ‘gods’. Esta estratexia de tradución pode ser máis apropiada nestes casos xa que sempre que traducimos facemos unha escolla e ás veces pode que arriscar nos leve ao acerto e outras veces ao erro.

Obbink sinala que neste caso parece que fala dos deuses colectivamente, máis que de espíritos protectores.

κἄμμ’ ἐπεύρην ἀρτ̣έ̣μεαϲ· τὰ δ’ ἄλλα
πάντα δαιμόνεϲϲ̣ιν ἐπι̣τ̣ρόπωμεν·
εὐδίαι̣ γ̣ὰρ̣ ἐκ μεγάλαν ἀήτα̣ν̣
αἶψα πέ̣λ̣ο̣νται·

Pola contra, na cuarta estrofa do poema, que é a última que traducimos neste espazo, atopamos que o desexo do rei do Olimpo (que é identificado con Zeus, como eco da raíña Hera da segunda estrofa, aínda que aquí cítase por medio dunha paráfrase e non do seu nome) é ofrecer un δαίμονα ἐπάρωγον ou ‘divindade protectora’. Obbink sinala que aquí si pode ter connotacións de ‘espírito protector’, e eu quixen mantela empregando ‘divindade’ e non ‘deus’ simplemente, xa que, por outra banda, pode facer referencia simplemente a un deus (como Hermes ou o terceiro do grupo principal de deuses aos que se pregaba no templo de Mesa, Lesbos) e por iso ‘espírito’ pode que non sexa de todo apropiado.

τῶν κε βόλληται βαϲίλευϲ Ὀλύμπω
δαίμον’ ἐκ πόνων ἐπάρ{η}`ω΄γον ἤδη
περτρόπην, κῆνοι μ̣άκαρεϲ πέλονται
καὶ πολύολβοι.

Como dicía ao principio da entrada, as nosas palabras xa teñen a súa propia historia. Este termo δαίμων, como referencia aos deuses do politeísmo, foi empregada para nomear a eses espíritos inferiores en oposición ao único Deus cando xurdiu o monoteísmo. O curioso da evolución das palabras da man das diferentes relixións provocou que o mesmo termo que para os gregos evocaba unha divindade protectora, significase despois o mal (en oposición, claro, a un “novo ben”).

E estas voltas que dan as palabras temos que dalas nos tamén cara atrás ao traducir, o que leva un risco sobre o que debemos intentar acertar.

Estas curiosas evolucións semánticas que parecen case metamorfoses completas fan recordar outras, pertencentes ao mundo da ficción (de George Orwell, concretamente), neste caso por obra activa de parte da poboación que crea o comite de neolingua en 1984;

– ¿Cómo va el diccionario? – dijo Winston elevando la voz para dominar el ruido.
– Despacio – respondió Syme – Por los adjetivos. Es un trabajo fascinador – en cuanto oyó que le hablaban de lo suyo, se animó inmediatamente. Apartó el plato de aluminio, tomó el mendrugo de pan con gesto delicado y el queso con la otra mano. Se inclinó sobre la mesa para hablar sin tener que gritar – La onceava edición es la definitiva – dijo – Le estamos dando al idioma su forma final, la forma que tendrá cuando nadie hable más que neolengua. Cuando terminemos nuestra labor, tendréis que empezar a aprenderlo de nuevo. Creerás, seguramente, que nuestro principal trabajo consiste en inventar nuevas palabras. Nada de eso. Lo que hacemos es destruir palabras, centenares de palabras cada día. Estamos podando el idioma para dejarlo en los huesos. De las palabras que contenga la onceava edición, ninguna quedará anticuada antes del año 2050 -. Dio un hambriento bocado a su pedazo de pan y se lo tragó sin dejar de hablar con una especie de apasionamiento pedante. Se le había animado su rostro moreno, y sus ojos, sin perder el aire soñador, no tenían ya su expresión burlona. – La destrucción de las palabras es algo de gran hermosura. Por supuesto, las principales víctimas son los verbos y los adjetivos, pero también hay centenares de nombres de los que puede uno prescindir. No se trata sólo de los sinónimos. También los antónimos. En realidad ¿qué justificación tiene el empleo de una palabra sólo porque sea lo contrario de otra? Toda palabra contiene en sí misma su contraria. Por ejemplo, tenemos «bueno». Si tienes una palabra como «bueno», ¿qué necesidad hay de la contraria, «malo»? Nobueno sirve exactamente igual, mejor todavía, porque es la palabra exactamente contraria a «bueno» y la otra no. Por otra parte, si quieres un reforzamiento de la palabra «bueno», ¿qué sentido tienen esas confusas e inútiles palabras «excelente, espléndido» y otras por el estilo? Plusbueno basta para decir lo que es mejor que lo simplemente bueno y dobleplusbueno sirve perfectamente para acentuar el grado de bondad. Es el superlativo perfecto. Ya sé que usamos esas formas, pero en la versión final de la neolengua se suprimirán las demás palabras que todavía se usan como equivalentes. Al final todo lo relativo a la bondad podrá expresarse con seis palabras; en realidad una sola. ¿No te das cuenta de la belleza que hay en esto, Winston? Naturalmente, la idea fue del Gran Hermano – añadió después de reflexionar un poco.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s