Sin categoría

Safo de Mitilene (?)

Probablemente, Safo non foi a única poeta de Mitilene, mais o seu caso é considerado un unicum (en parte tamén, pola natureza azarosa da transmisión) dentro da tradición poética que leva na maioría dos casos nome de home.

Aínda que Mitilene é a cidade que con maior frecuencia se cita como lugar orixinario da lesbia, a biografía que atopamos baixo o nome de Safo en Suda (enciclopedia bizantina do século X baseada en testemuñas de anteriores estudosos gregos) dise que a poeta é orixinaria da cidade de Éreso.

Ereso

Esta outra cidade tamén se atopa na illa do Exeo, na costa oeste (Mitilene atópase na leste).

IMG_20150316_100440

Mitilene

Como explican Diane J. Rayor e André Lardinois no seu último libro, pola fama que gañou xa na antigüidade a poeta, foron numerosos os lugares que reclamaron ser “a cidade de Safo”. O sofista e retórico ateniense Alcidamante di que Safo se atopaba entre o grupo de poetas que recibiron honras do pobo tras a súa morte. En época romana, houbo estatuas da poeta e retratos seus en moedas, mais non hai evidencias de que Mitilene dedicaran a Safo o tipo de culto heroico que si celebraba a cidade de Paros en nome de Arquíloco nin de monumentos como o de Catania para Estesícoro.

A teoría sobre a procedencia de Safo que parece máis verosímil é que nacera nunha e crecera ou se asentara máis tarde noutra (Mitilene ou Éreso). Aínda na actualidade, estes dous lugares xáctanse de ser a orixe da poeta.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s