Lírica grega, Poema da Cipria

Decidiu chamarlle Cipria

Safo decidiu chamarlle Cipria a Afrodita tamén neste poema.

Cipris ou Cipria é un epíteto da deusa que aparece con frecuencia nos textos entre todas as outras opcións empregadas para citala (como Acidalia, Citerea, Pandemos ou Urania). Este nome fai referencia ao seu nacemento mítico que se sitúa en Pafos, na illa de Chipre.

Pafos, Chipre

O mito ademais é etiolóxico, é dicir, explica as causas dun fenómeno: a creación da espuma do mar. Por unha asociación de ἀφρός (‘espuma’) con Afrodita contábase que nacera do mar despois de que caeran nel os xenitais de Urano, arrincados por Crono.

Polo que podemos ler do poema, parece que a mención de Afrodita ven provocada pola asociación desta co amor que atopamos no poema. Mais pode que nestes versos tamén sexa posible ver unha referencia ao culto e que esta sexa precisamente a razón pola que Safo elixiu o epíteto ‘Cipria’. Dirk Obbink sinala a este respecto que parece que a voz do poema trata de documentar os seus sentimentos para outra persoa e o encontro coa divindade.

Aphrodite swan kílix ática de figuras rojas sobre fondo blanco, c. 460 a. C., hallado en Cámiros (Rodas).Afrodita cun cisne, de ao redor do 460 a.C achado en Rodas.

Afrodita aparece en numerosos poemas da poeta (seguindo a edición de Campbell, 1, 2, 5, 15, 22, 33, 35, 63, 96, 102, 112, 134 e 140).

En 1, o poema coñecido como o Himno a Afrodita, a deusa aparece como benefactora aínda que na primeira estrofa saliéntase o poder que ten tamén a Cipria para torturar ao negar os seus dons. Neste sentido Afrodita é debuxada dun xeito similar a Eros en 47 e en 172 + 183 C no que é;

ἀλγεσίδωρον
μυθοπλόκον

o que agasalla dor,
o que tece mitos…

No poema 15 tamén espera Safo que Afrodita (á que se dirixe nestes versos como Cipria) atenda á súa petición, aínda que esta sexa que se mostre πικροτάταν (arisca ou esquiva) con Dórica. Só como benefactora preséntase no 33 coa súa diadema de ouro (χρυσοστέφαν’ Αφρόδιτα) e en 112.

No poema 2, Safo refírese a Afrodita como a ‘Cipria’ que sirve ledicia en copas de ouro. Tamén en 96 aparece escanciando néctar e neste caso cítase co seu nome Afrodita.

En 5, como no poema que traducimos recentemente no que Safo se dirixe aos seus irmáns, pide á Cipria (xunto ás Nereidas na primeira estrofa) que Cáraxo volva salvo a casa. Mais na última estrofa parece que, empregando o mesmo epíteto de Cipria, se dirixe á deusa para reprochar que trame algun mal.

En 22 e 134 diríxese á deusa como Κυπρογένηα (‘nada en Chipre’). Ademais en 35 enumera as rutas da deusa;

ἤ σε Κύπρος ἤ Πάφος ἤ Πάναρμος

a ti ou Chipre, ou Pafos ou Panormos…

Hai tres poemas que quedan soltos nesta agrupación por epítetos da deusa Afrodita. Nestes refírese a Afrodita de diferentes xeitos dos que vimos ata agora: no 63 emprega o epíteto γλύκυς θέος (‘doce divindade’) que pode facer referencia a calquera divindade, mais polo contexto (de petición ou súplica moi similar á de 1) penso que podemos interpretar que se trata unha vez máis de Afrodita. No poema 102 di que sinte que está dominada βραδίναν δι’Αφροδίταν (‘pola sutil Afrodita’). Por último, en 140 refírese á deusa con outro epíteto que é Κυθέρη (Citerea).

Máis alá do que atopamos nos seus poemas, existe na tradición grega unha asociación entre Afrodita e Safo que trataremos máis adiante; as dúas estiveron namoradas do mítico Faón. Afrodita concédelle a este mortal de Lesbos xuventude e poder de sedución e ela mesma sofre as consecuencias. Faón podería ser comparado a Titono ou Adonis ao ser un mortal amado por unha poderosa deusa. A asociación entre Faón e Safo nace na comedia ática polo simple feito de que os dous eran de Lesbos.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s