Lírica grega, Poema da Cipria

Que Cipria me libre desta dor

En adiante, referirémonos a este poema como o poema de Cipris, seguindo a elección de Dirk Obbink para citar estes fragmentos que aínda non recibiron un número dentro do libro 1 de Safo.

Aínda así, xa avanzaba na anterior entrada que, sorprendentemente, parece que completan os versos descubertos noutro papiro, neste caso de Oxirrinco (P.Oxy. 1231 fr.16) e que na edición de Eva-María Voigt pasou a ser o fr.26.

A seguinte é outra imaxe do papiro:

Papiro Cipria
A reconstrución de Dirk Obbink traballa sobre hipóteses e por isto, como el mesmo di, contemplaba a posibiblidade de que se elaborara un novo esquema e de que ese traballo de suposicións dera outros resultados (como vemos que sucedeu coas lecturas de West e Ferrari).

Estes son os 5 primeiros versos segundo Obbink;

Πῶς κε δή τις οὐ θαμέως ἄσαιτο,
Κύπρι, δεσποιν’, ὄττινα δὴ φιλείη
καὶ θέλοι μάλιστα πάλιν κάλεσσαι;
ποῖον ἔχησθα
νῶν σάλοισι μ’ἀλεμάτως δαίσδην

Como non vai unha sufrir acotío,
Cipria, señora, e non vai desexar facer volver
á que de verdade máis quere?
que pretendes
para, con arrepíos, ferirme sen coidado

A secuencia de palabras curtas non é rara en Safo, mais a extensión e a orde desta, como afirma Obbink, é desconcertante e máis aínda ao que sería o comezo dun poema.

Θαμέως se aceptamos a lectura de Obbink desa -σ- final tería un significado de ‘unha e outra vez’ na mesma situación salientando a angustia que xera o desexo insatisfeito polo que se levanta a voz cara Afrodita. Mais na maioría dos poemas de Safo ten o significado de ‘repetidamente’ tomando como punto de referencia un momento pasado.

ἄσαιτο foi proposto por Benelli e aceptado por Obbink, West e Ferrari xa que é un verbo que aparece noutros versos de poetas de Lesbos. En escritos médicos ten un significado relacionado co sufrimento físico. Igualmente, no v.5 o termo σαλοισι faría referencia a un síntoma físico. Seguindo esta liña, estes versos estarían relacionados co poema de Safo no que enumera os cambios físicos que sinte cando se atopa ante a persoa que desexa (31).

No v.2 comeza o discurso directo cara Afrodita como avance da revelación que veremos no v.5 no que aparece a primeira persoa da voz poética (μ’). Salienta Obbink que neste verso, despois da apelación á Cipria, case todo pode variar e de feito hai importantes diferencias entre as interpretacións deste e as de West e Ferrari que coinciden neste punto como viamos o outro día (Κύπρι δέσπ̣ο̣ι̣ν̣’, ὄτ̣τ̣ι̣ν̣α [μ]ὴ̣ φίλ̣[ησθα).

Pode que o emprego da partícula δή en dous versos consecutivos, aínda que moi frecuente en Safo, teña neste caso un valor enfático como propón Obbink.

O v.4 é especialmente complicado de ler. Ao final deste non hai signo de puntuación e pode ser un indicio de que a sintaxe continúa no seguinte verso. Se este é o caso, defende Obbink que necesitariamos dunha partícula de unión ou unha palabra que permitise defender a existencia dun asíndeton.

No v.5, hai varias posibilidades para o final de δαίσδ[, verbo que ademais non ten outros paralelos na poesía lesbia e que non remata de cadrar con ἀλεμάτως xa que unha acción divina non é en principio infructífera, mais si pode ser feita irresponsable ou casualmente.

A continuación, a tradución de Obbink;

How wouldn’t anyone feel anguish repeatedly,
Kypris, Queen, and especially wish to call
back whomever one really loves?
What sort of thoughts do you have
to pierce me idly with shiverings

E esta é a tradución de Marco Antonio Santamaría ata o v.5 seguindo a versión de M.L.West;

¿Cómo no iba a angustiarse una a menudo,
señora Cipris, cuando (no) la amas,
y en su mayor deseo (de ocultar)
su pasión, (no) contienes
(las plagas) con que en vano me desgarras?

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s