Lírica grega

Fragmento que Safo nunca escribiu

A obra da escritora Carme Riera recorda nalgunhas liñas á de Safo e isto é, penso, unha mostra clara da recepción da poeta de Lesbos como exemplo de subalternidade.

Carme Riera publicaba o seu primeiro libro no 1975 baixo o título Te deix, amor, la mar com a penyora. Nesta recompilación de relatos inclúese o que comparte título co da obra, o cal narra o amor entre dúas mulleres, alumna e profesora, con reflexos sáficos para mostrar desde un primeiro momento a súa intención: permitir que as silenciadas falen.

Comeza a obra cun epígrafe que contén un “fragmento de Safo nunca escrito” (“Fragment mai no escrit de Safo”):

… (Escolliré per sempre més la teva
absència, donzella,
perquè el que de veritat estim
no és el teu cos,
ni el record del teu cos
tan bell sota la lluna;
el que de veritat estim
es l’emprenta que has deixat
sobre l’arena.) …

…(Escollerei para sempre xamais a túa
ausencia, doncela,
porque o que de verdade quero
non é o teu corpo,
nin o recordo do teu corpo
tan belo baixo a lúa;
o que de verdade quero
é a pegada que deixaches
sobre a area.) …

Estes versos preséntanse entre parénteses e puntos suspensivos que, intencionadamente, fan recordar o estado fragmentario das liñas verdadeiramente sáficas.

No fr.12 (Voigt) de Safo (no que se enumeran os síntomas do desexo no corpo da voz do poema), non recoñecemos a identidade dunha das persoas ata o final. Así, no relato de Riera, tampouco sabemos de María ata o final, aínda que hai outros indicios.

Dise nese relato en forma de carta (emprego a tradución ao español “Te dejo, amor, el mar como prenda” do orixinal en catalán): “No fue en los libros ni en las películas donde aprendí a vivir la historia de nuestra historia.” (Riera: 56). Si en Safo. Como dicía na pasada entrada, na súa obra a voz ven doutro círculo que é o que non entra neses libros e películas dos que fala Riera. Neste círculo (palabra elexida non casualmente, senón coa pretensión de recordar o grupo que rodeaba a Safo) a muller actúa como suxeito activo do desexo que rompe o que se deu en chamar o “triple edicto de tabú, non existencia e silecio”.

É maioritaria a opinión tradicional que defende que na obra sáfica a expresión do amor lésbico non trascende a esfera do privado e persoal e non parece necesario salientar que non se trata dun proceso voluntario de creación dunha identidade lesbiana. Igualmente, na novela española de finais do século XX as protagonistas pechan, normalmente, ese amor tras as paredes das súas habitacións e só permiten que sexa coñecido polas persoas dun círculo cercano.

Anuncios
Estándar

One thought on “Fragmento que Safo nunca escribiu

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s