Achados papiráceos, Lírica grega, P.Oxy., Poema da Cipria

De novo o amor quebranta as pernas

ἱμέ]ρω λύ{ι̣}σαντι γόν’ ωμε ‒̣ ̣ [ ×
‒̣ ̣] α α. . [. .]αιμ’ οὐ προ[0-3] ερησ[
. . . ]νεερ . [ . ]α ι

co desexo que debilita os meus xeonllos?
. . . non . . .

ἰμέρω reconstruído por Obbink polos paralelos con Eros noutros poemas de Safo nos que tamén aparece como aquel que afrouxa os membros, aínda que tamén podería ser o que os leva á perdición ou o que destrúe e fai caer á voz do poema (como o perdidit no latín de Catulo 50.16).
γόν’ o profesor Tsantsanoglou propuxo γόνα en acusativo como complemento directo e como parte dunha enumeración de síntomas físicos da forza do amor en contraste co que maquinaba Cipris nos versos anteriores.

No v.7 propón Obbink algo como παῖδα πᾶς e a continuación φαῖμ’ (de novo, proposta de Tsantsanoglou). A última parte conservada deste mesmo verso non apareceu pegada ao papiro e pode que corresponda xusto tras προ ou ben que debamos deixar un espazo de dúas ou tres letras a reconstruír antes de ερησ[.

Parece que despois do último trazo conservado neste verso non seguía o poema pois a superficie está en branco e sen ningún rastro de tinta. Tendo en conta o pouco conservado deste verso e o espazo libre no esquema métrico, propuxéronse varias interpretacións e todas ellas son hipóteses válidas segundo Obbink: εἐρσαι (Burris), συνεργ’, ανεεργ’ ou συνεερμ’ (Benelli).

Esta é a tradución que ofrece Dirk Obbink. Non inclúe o v.8 e completa estes versos co fragmento 16 na edición de Voigt do que xa faláramos (P.Oxy 1231).

because of desire which weakened the knees?
…not…

A seguinte é a tradución de Marco Antonio Santamaría seguindo a versión de M.L. West:

(No me aniquiles), te suplico, (con un amor)
rabioso, (ni nos devastes). Antes no (me)…
…estando enamorada.

É o pouco que ata agora puideron, non ler, senón imaxinar os estudosos citados nestas entradas. O poema de Cipris sería algo similar a estes versos, aínda que pode que dentro dun tempo, xurdan outras lecturas alternativas ou ata pode que un novo achado complete o papiro que temos hoxe:

Como non vai unha sufrir acotío,
Cipria, señora, e non vai desexar facer volver
á que de verdade máis quere?
que pretendes
para, con arrepíos, ferirme sen coidado
co desexo que debilita os meus xeonllos?
. . . non . . .

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s